
A inspiración, a idea, o deseño e a confección. A historia, a arte, a tecnoloxía e o audiovisual. A Moda foi o fio conductor que permitiu entretecer experiencias e crear sinérxias entre artistas, deseñadores, investigadores e amantes do mundo do textil.
E así queremos que siga sendo.
2016
MODA ALÉN DAS FRONTEIRAS DA ARTE
A historia da moda é unha disciplina pouco estudiada dende o ámbito universitario, sendo precisa unha revisión dos estudos publicados nos anos cincuenta e unha actualización da relación existente entre a arte e a moda, tanto polo seu valor histórico intrínseco como para a súa utilidade na análise histórico-artística das obras figurativas. Nestas xornadas, realizadas baixo o amparo da USC, aportarase unha visión ampla e xeral da historia da moda. É así como nace a primeira edición deste curso onde moda e investigación entretecen unha actualizada patronaxe con puntadas de emoción.
2017
CANDO O EFÉMERO SE ELEVA Á CATEGORÍA DO SUBLIME
Cando o efémero se eleva á categoría de sublime: moda algo máis que un concepto foi un proxecto impulsado dende a Asociación Cultural Beltane, co respaldo da Universidade de Santiago de Compostela; no eido dos Cursos de Veran do 2017.
Tratouse da 2ª edición que xorde cos propósitos de iniciar ó público asistente na historia da moda, establecer relacións entre a arte e a vestimenta, remarcar a estreita unión entre os deseñadores e os artistas ó longo das últimas décadas e descubrir as sinerxías existentes entre a historia da moda, o deseño e o mundo audiovisual do século XXI. Nesta edición ampliouse a oferta e diversidade dos contidos

2018
EFéMERO fashion, art & craft
Unha nova etapa, pero coa mesma ilusión

